martes, 25 de abril de 2017

Retirase o home que pasou máis tempo no espacio

O ruso Guennadi Padalka, o astronauta con máis tempo no espazo exterior con 878 días, anunciou a súa decisión de retirarse, informou o Centro de Preparación de Cosmonautas (CPC).

?Vinme obrigado. Canseime de vaguear. Non hai perspectivas de voar. Traballo para min no centro (de preparación de cosmonautas) tampouco hai?, manifestou Padalka, claramente decepcionado, á axencia TASS.

Padalka, de 58 anos de idade, asegurou que estaba disposto a participar nunha sexta misión á Estación Espacial Internacional (EEI) e chegar aos mil días no espazo, pero vía que non tiña opcións.

"É unha pena. Sempre me causa tristeza cando un home preparado, experimentado e motivado cunha longa carreira abandona as filas" de cosmonautas, comentou Serguéi Krikaliov, director do programa de pilotos da axencia espacial rusa, Roscosmos.

Precisamente, Padalka superou o 29 de xuño de 2015 o récord que ostentaba Krikaliov con 803 días no espazo ao elevalo a 878 días durante a súa quinta misión na plataforma orbital.

NASA

No hay comentarios:

Publicar un comentario