viernes, 28 de abril de 2017

Cada vez máis cerca de encontrar vida extraterrestre

O profesor Thomas Zurbuchen, administrador asociado do Directorio de Misión Científica da sede da NASA en Washington, afirmou que falta moi para atopar vida alieníxena.

"Tendo en conta todas as actividades de procura de vida en moitas ciencias diferentes, estamos ao bordo dun dos descubrimentos máis profundos e nunca vistos antes", declarou Zurbuchen o pasado 25 de abril e destacou: "Hai dúas semanas a misión Cassini da NASA demostrou a presenza de hidróxeno na lúa Encelado de Saturno, mentres que o equipo do Hubble anunciou os resultados da segunda observación dos océanos de Europa, a lúa de Júpiter. Ambos os descubrimentos presentan o potencial da vida"

"E aínda que de momento non atopamos signos de vida definitivos noutros lugares, a nosa procura está a facer un progreso notable", expuxo Zurbuchen, que sinalou que o número de misións de astrobiología da NASA está en pleno crecemento.

"O Mars 2020, o noso próximo explorador, seguirá avanzando nesta procura mediante a investigación dunha rexión de Marte onde o ambiente antigo pode ser favorable para a vida microbiana. A misión tamén buscará signos de vida pasada e recollerá mostras que levará á Terra", destacou o profesor que traballa en conxunto con especialistas en bioloxía, xeoloxía, astronomía, ciencias planetarias e ciencias da Terra; entre outras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario