viernes, 28 de abril de 2017

Luces e extraños obxetos

A Axencia Espacial Europea (ESA) e a NASA publicaron un vídeo captado desde a Estación Espacial Internacional no que as cámaras captan algúns dos curiosos fenómenos que poden verse desde o espazo. Como ven desde arriba as auroras boreales? Que aspecto teñen as tormentas? As imaxes captadas polo astronauta Thomas Pesquet, da Expedición 51, móstrano.

Nalgunhas delas, construídas con varias fotografías tomadas por el moi rapidamente (unhas 25 imaxes por segundo de vídeo), pódese ver unha afastada tormenta repleta de lóstregos.

Dado que a estación espacial está a un 400 km de altitude e que viaxa a 28.000 quilómetros por hora, os astronautas non o teñen moi fácil para ver todas as tormentas. Desde a súa posición non poden ver as que están preto dos polos norte e sur, e ademais non permanecen moito intre sobre unha mesma zona.

No vídeo, uns obxectos atravesan rapidamente o ceo en liña recta. Segundo a ESA explicou a Space.com, estes son «probablemente satélites funcionais». O seu brillo prolóngase durante decenas de segundos, o que indica que son satélites intactos e non simples fragmentos de lixo espacial, que brillarían durante tempos moito máis breves.

Ademais, se fosen meteoros, non se verían a esas alturas, que roldan os 300 quilómetros, senón moito máis abaixo, a partir dos 110 quilómetros de altura, tal como explicou a ESA.

Ademais, as lentes de Pesquet recolleron tamén a beleza das auroras boreales. Estas prodúcense grazas ao choque de partículas procedentes do Sol contra a atmosfera e o campo magnético da Terra. Cando isto ocorre, os átomos de osíxeno e de nitróxeno reaccionan e liberan enerxía en forma de vistosas cores.

Resultado de imagen de luces en la atmosfera

No hay comentarios:

Publicar un comentario