viernes, 28 de abril de 2017

Estrellan unha sonda!!!!!

A sonda espacial internacional "Cassini", que orbita Saturno desde 2004, prepárase para o seu acto final, a súa desintegración na atmosfera do planeta dos aneis, tras unha misión de vinte anos infestada de descubrimentos asombrosos, entre eles a posibilidade de vida fóra da Terra. 

É precisamente esa posibilidade a que levou aos responsables da misión para precipitar o robot espacial contra a superficie de Saturno para evitar que a súa caída accidental nalgunha das súas lúas comprometese o desenvolvemento de vida incipiente. 

En concreto, o perigo é que caese sobre Encélado, a pequena lúa xeada de Saturno á que "Casinni" realizou un histórico achegamento en 2015 que permitiu determinar por primeira vez a existencia fóra da Terra de auga, enerxía química dispoñible e material orgánico, as condicións para o desenvolvemento da vida. 

Aínda que a sonda leva case vinte anos sucando o espazo exterior, os experimentos levados a cabo na Estación Espacial Internacional mostraron que os microbios poden sobrevivir durante anos a temperaturas extremas, á radicación e ao baleiro espacial, segundo explicaron os científicos da NASA. 


Resultado de imagen de sonda cassini

No hay comentarios:

Publicar un comentario