Superando amplamente ao telescopio de Arecibo en Porto Rico, que ata agora era o maior do mundo cos seus 350 metros de diámetro, o autoritario réxime de Pequín dá un paso máis na súa ambiciosa carreira espacial. Denominado oficialmente FAST (siglas en inglés de Telescopio de Apertura Esférica de 500 Metros), o enxeño xa foi alcumado «Tianyan», que en mandarín significa «O ollo do ceo». Grazas á mellora da súa sensibilidade, que dobra á do observatorio de Arecibo e aumenta dez veces a súa velocidade de rastrexo, o novo radiotelescopio detectará púlsares no espazo e moléculas interestelares na súa procura de signos de comunicación alieníxena.

No hay comentarios:
Publicar un comentario