Ao revisar os rexistros do 15 de agosto atopou algo anómalo, un sinal que se elevaba 30 veces sobre o ruído de fondo e que durou 72 segundos, o intervalo que o telescopio podía escoitar unha fonte concreta. Emocionado polo achado, Ehman marcou o sinal no rexistro da impresora e xunto a ela escribiu "Wow!". Pero o sinal nunca puido recuperarse: todos os intentos de volver localizala fracasaron.
Unha orixe terrestre estaba case descartado, e o sinal tampouco encaixa facilmente con ningún fenómeno natural coñecido. En 2016, dous investigadores propuxeron que o sinal podería corresponder a unha parella de cometas que aínda non se coñecían en 1977, pero a explicación non convence a todos. Pola súa banda, Ehman segue sostendo que a hipótese alieníxena é a máis probable. Corenta anos despois, o sinal Wow! aínda é un misterio sen resolver.
No hay comentarios:
Publicar un comentario