sábado, 11 de febrero de 2017

Veces que se creeu haber atopado vida extraterrestre: fogonazos en Marte

Tal vez a primeira falsa alarma de vida alieníxena na historia da ciencia moderna tivo lugar o 2 de agosto de 1894. Aquel día, un breve artigo publicado na revista Nature baixo o título Unha estraña luz en Marte describía uns estraños resplandores marcianos no límite entre as zonas de luz e escuridade, observados polo astrónomo francés Stéphane Javelle. O artigo case daba por suposta a existencia de marcianos, suxerindo que estaban "a nos facer sinais".

Aquel misterio tivo unha curta vida. Na revista Publications of the Astronomical Society of the Pacific, o astrónomo Edward S. Holden, do Observatorio Lick de California (EEUU), apresurábase a aclarar que aquela anomalía era simplemente o brillo de rexións máis luminosas ou de elevacións do terreo que se estendían cara á zona de sombra adxacente.

Pero para entón, o artigo chegara a mans dun home de fértil imaxinación en cuxa mente germinó unha idea. E así, aquela falsa alarma foi a orixe dos marcianos máis famosos da ciencia ficción: catro anos despois, o biólogo e escritor británico Herbert George Wells publicaba A guerra dos mundos. Na novela, as luces de Javelle eran as explosións do canón que lanzaba as naves marcianas á conquista da Terra.

Resultado de imagen de fogonazos en marte

No hay comentarios:

Publicar un comentario