domingo, 12 de febrero de 2017

Canto tardaremos en contantar con aliens?

Nos próximos dez anos saberemos se os planetas como a Terra máis próximos a nós albergan vida ou non?, asegura o doutoramento en física cuántica, cómico e presentador de televisión británico Ben Miller nunha entrevista con National Geographic.

Para Miller, o primeiro encontro entre humanos cunha forma de vida extraterrestre terá grandes implicacións relixiosas, políticas e sociais para a humanidade xa que, unha vez descubramos que existe vida noutros planetas hai que ter en conta que tamén existen outras formas de vida intelixente e civilizacións.

O lanzamento este ano do telescopio de sondaxe Transiting Exoplanet Survey Satellite (TESS) contribuirá a discernir se hai vida ou restos desta nalgún dos miles de millóns de planetas das estrelas máis próximas á Terra, buscando sinais nas súas atmosferas para atopar restos de osíxeno ou de auga líquida na súa superficie, como no recente descubrimento dun océano no planeta Próxima b, en orbita ao redor da estrela Próxima Centauri.

En canto á posibilidade de que recibamos unha mensaxe extraterrestre proveniente do espazo exterior e sobre como descifrar o seu contido, Ben Miller considera que non será un problema, aínda que será complicado traducilo.

Non teremos unha pedra de Rosetta cando recibamos a mensaxe alieníxena, polo que será unha dura tarefa traducilo. Pero hai moitas e intelixentes ideas para crear unha pedra de Rosetta con todo tipo de información, datos matemáticos, física, incluído Internet, para poder reflectir o mellor posible como é a nosa especie e sociedade e así atopar algo nesa información que os alieníxenas teñan en común connosco, explica.

Resultado de imagen de extraterrestres con humanos

No hay comentarios:

Publicar un comentario